Facerse Socio

¿Queres formar parte da UNIMA? Toda persoa que estea interesada no títere pode fácilmente formar parte da UNIMA, xa sexa a título individual ou como grupo (compañía profesional ou afeccionada, escola…).

As cuotas anuais (ano 2012) para asociarse a UNIMA Galicia son as seguintes:

Socias e socios: 85 euros

Compañías: 105 euros

Entes: 125 euros

¿Que che ofrece UNIMA?

Información e becas para asistencia a cursos e a festivais internacionais

Axudas para asistencia a congresos de UNIMA Federación España

Posibilidade de incorporarse ás diversas comisións que están en funcionamento en UNIMA

Acceso preferencial á sección de noticias para publicar os teus estrenos.

Entrada nunha rede formada por milleiros de persoas namoradas da Arte dos Títeres en todo o mundo

Publicacións exclusivas para socios e socias

Ponte en contacto con tesoureria@unimagalicia.com se queres formar parte da UNIMA Galicia.