Actividades

Proximamente estaremos de novo en Culturgal!! Esperamosvos!!!

1ª ROMARÍA TITIRITEIRA

UNIMA GALICIA


15 DE SEPTEMBRO

MARIN – FINCA DE BRIZ – PARQUE DOS SENTIDOS
Queridos compañeiros e compañeiras. Nestes tempos de incertidumbre laboral, recortes, impagos e demais desazos . Decidimos que poderiamos xuntarnos a facer a nosa romaría.

Por iso vos convocamos a vir a PRIMEIRA ROMARÍA DA UNIMA GALICIA . Celebrarase o vindeiro sábado 15 de setembro.

A idea é que cada un de nos propoñamos a participación na romaría a toda a xente que coñezamos que teña algo de interese polos títeres. Para mais adiante mandarlles información das nosas actividades, e intentar fomentar a súa curiosidade polo noso mundo.

Imos xuntarnos en Marín na finca de Briz, no parque dos sentidos.

Cada quen levara da súa casa bo humor, gañas de pasalo ben, comida e bebida páraa facer un xantar común con esas cosas deliciosas que cada un sabemos preparar. ( A proposta é que cada un leve o que comería e un pouquiño mais. Pois poñeremos todo enriba dunha mesa para compartir entre todos/as)

TITIRICHOU, consiste en un espectáculo de variedades titiriteras de sketches, que cada  quen quera facer, e cantos mais nos apuntemos mellor será .

Quen quera facer un skets o escena de títeres ten que comunicalo a Luis no 649812041 ,ou  o noso presi Santi no 655793904 o en presidencia@unimagalicia.com

Poñendo as necesidades óptimas e as necesidades básicas necesarias. Temos a disponibilidade dos participantes co soliciten un teatriño de luva de 2m de proscenio por 1m de fondo. Son e algo de iluminación.

PROGRAMA

12.00 h  Imos chegando, coñecéndonos e paseando polo lugar.

14.00 h  Preparamos o xantar entre todos/as

14.30 h  ¡A comer!

16.30 h  FALAMOS DE TïTERES

Quén quera levar algún boneco, sistema de construción, efectos especiais, dramaturxia, historias. O que sexa que teña ganas de compartir cos demais, para  charlar nesta sobremesa .

17.00 h Para os nenos e nenas ou quen quera , faremos un OBRADOIRO  de fabricación dos títeres e xogaremos con eles nuns teatriños.

18.00 h  O TITIRICHOU

“Xaquín, un títere moi dicharachero será o mestre de cerimonias. Presentara os sketches  desta divertida romaría, e como seguro que é un éxito porque tamén participas ti. Nos despediremos ata o ano que ben , xa con novas ideas para facer nas romarías de Unima.

Apúntate, participa no titirichou , e trae os teus amigo/as.

Hasta pronto

Unima Galicia